quarta-feira, 11 de dezembro de 2019

O DA NENA DE PEL BRANCA COMO A NEVE


Jamshid Tajdolat






13

Aquela muller estaba afeita
A torcer o destino
Cando non lle gustaba
O que intuía
Nel

Aquela muller rebelábase
Cada maná
Diante dun espello
Co seu cabelo salvaxe
Cubrindo as cicatrices da vida que levara
Antes de poõ.erse teas con encaixe
Refaixo e saia

Aquela muller querería berrar
Que baixo a pel transparente da casa real
Corría o sangue sucio das veas
Azuis
E que non está ben
Amosar a podredume
Porén
Non se arriscaba a que a acusasen
De terrorismo, desacato ou bruxería

Aquela muller podería abrir
Calquera porta
Podería ter
Calquera aspecto
Calquera idade
Calquera cor

No sangue
Vermello
Coma os labios da princesa viva
Violeta
Coma os labios da princesa morta

Aquela muller nunca matou a ninguén
Non por falta de vontade
Nin de oportunidade
Ata ela sabía que era o máis doado
E, polo tanto,
O menos interesante
Aquela muller non desempeñba ningún papel
Foi ela mesma
Quen quixo ser



PAULA CARBALLEIRA
in, HAI QUEN ESCOLLE OS CAMIÑOS MÁIS LONGOS







Sem comentários:

Enviar um comentário